Abstract:
O número 40 do Tempo Exterior abríu durante o ano 2020 a terceira etapa histórica da revista fundada en 1997 por Xulio Ríos (fundador e Presidente de Honra do IGADI). Tras máis de dúas décadas de andaina a terceira etapa do Tempo Exterior comeza coa renovación do Consello de Redacción, coa participación de 7 investigadores de 7 grupos de investigación da Universidade galega, e o novo Director, Celso Cancela, profesor da Universidade de Vigo. A súa vez actualizouse o Consello Científico da revista, contando con 25 investigadoras, de Europa, as Américas e China.